A Subdelegación do Goberno convoca un minuto de silencio polos dous polícias mortos en Afganistán
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra decidiu realizar un acto de recordo para homenaxear aos dous axentes da Policía Nacional falecidos no atentado do venres 11 en Cabul, Afganistán.
Por este motivo, o subdelegado do Goberno, Antonio Coello fai un chamamento a todos os cidadáns para que asistan á concentración que se vai a desenvolver este luns 14 ás 12.00 horas ante este edificio do Goberno na Praza de España en memoria de Isidro Gabino Sanmartín Hernández, axente destinado na UIP, Unidade de Intervención Policial, sección de antidisturbios, e o subinspector Jorge García Tudela.
Está previsto que se garde un minuto de silencio na súa memoria e como mostra da repulsa a este tipo de accións.
CONCENTRACIÓN ANTE COMISARÍA
Tamén mañá á mesma hora (12.00 horas), o Sindicato Unificado da Policía convocou unha concentración de cinco minutos de silencio ante a Comisaría da Policía Nacional en Joaquín Costa, como lembranza aos compañeiros falecidos.