Un condutor resulta ferido leve nun accidente en Forxán
Por Redacción
Un condutor resultou ferido leve como consecuencia dunha colisión entre dous vehículos no quilómetro 3 da estrada PO-304, en Forxán, Sanxenxo.
O suceso produciuse minutos despois das 12:00 horas. Ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos da Garda Civil, 061 e Emerxencias de Sanxenxo.