Retiran 450 toneladas de residuos do Porto de Marín
Por Redacción
Durante o ano 2012, o sistema de recollida selectiva aplicado pola Autoridade Portuaria deu como resultado a separación en orixe para posterior reciclaxe dunhas 450 toneladas de residuos.
Entre eles destaca polo seu volume a recollida selectiva de redes e burlóns, que supuxeron máis de 200 toneladas. O resto de residuos que se separan en orixe son a madeira, o papel, os plásticos, vidro, poliexpan, envases lixeiros ou pilas.
O Porto recicla e pon en valor así algo máis do 60% do volume total de residuos xerados durante o ano.
Pola súa banda, os barcos pesqueiros que comezaron a finais do ano pasado co proxecto PESCAL (Pesca Sostenible en Caladeros Limpos) retiraron do mar case unha tonelada de lixo, entre plásticos, latas, restos de redes, neumáticos, restos de roupa, madeira, etc.