Mosquera fala en Madrid da "aventura maravillosa" da mobilidade sostible e segura
Por Redacción
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra animou este mércores aos alcaldes presentes nas II Xornadas sobre Mobilidade Urbana e Seguridade Vial celebradas en Madrid e tamén aos rexedores da provincia de Pontevedra a apostar por políticas de mobilidade sostible e segura para chegar a un cambio global que permita que as rúas volvan ser espazos con prioridade para as persoas.
"Es una aventura única, maravillosa", subliñou Mosquera, quen ante preguntas do auditorio indicou que tamén é "electoralmente rentable".
Mosquera explicou que a experiencia do municipio de Pontevedra réxese por uns principios "universales" que son perfectamente extensibles tanto a cidades máis grandes como a vilas de menores dimensións: a idea da cidade como centro socializador, do calmado do tráfico, da autonomía dos nenos, da capacidade ambiental ou das rúas habitables.
Mosquera explicou que ademais do libro editado pola Fundación Pons no que se explica o modelo Pontevedra, a Fundación Knight, liderada por Michael Bloomberg, aportará 1,8 millóns de dólares ao Center for Active Desing -que recentemente ven de recoñecer en Nova York o traballo feito na capital da provincia- para que realice unha publicación internacional e que os 'deseñadores urbanos' saiban como proxectar unha cidade cunha mobilidade como a de Pontevedra. "El modelo lo tenemos en Pontevedra y, a veces, es más reconocido fuera que dentro de la casa", recoñeceu o vicepresidente.
Coincidindo con Mosquera tamén falou o conselleiro de ITS, entidade organizadora das xornadas, José Luis Martín Palacín, quen sinalou que "los políticos deben ser como un piano en el cuarteto de jazz, un hilo conductor de la melodía que a veces debe destacar como un solo apasionado capaz de hacer vibrar a toda la sociedad" e convencer á cidadanía de que é a principal beneficiada de rescatar os espazos públicos para os peóns e evitar que as decisións "ahoguen con una escandalera".
Pola súa banda, o coordinador xeral de Planeamento, Desenvolvemento Urbano e Mobilidade do Concello de Madrid, Ezequiel Domínguez, agradeceu a Mosquera "la pasión" mostrada e a vontade de compartir o traballo feito cos municipios do seu contorno, dando as claves para actuar a outros gobernos locais. Ao igual que o resto dos ponentes, sinalou que Pontevedra é unha referencia á que se chegará con traballo continuo.
Como xa vén sendo habitual, a quenda de preguntas estivo protagonizada polas cuestións relativas ás solucións prácticas de mobilidade adoptadas en Pontevedra e que se extenderán pola provincia galega da man da Deputación, que colaborará e asesorará aos concellos para a implantación de medidas como zonas 30, pasos de peóns sobreelevados e outros sistemas de calmado do tráfico, entre outras iniciativas.
Ademais da presenza da Deputación de Pontevedra nas xornadas celebradas no edificio Centro do Concello de Madrid en Cibeles con César Mosquera como ponente, tamén estiveron presentes o deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e a xefa de sección do servizo de Infraestruturas, Belén Pampín, que permanecerán en Madrid ata o final do encontro.
Relacionadas:
-
A veciñanza fai as súas achegas ao Plan de Mobilidade Urbana de Sanxenxo
Por |
-
Tonucci quere que a filosofía de cidade amiga dos nenos se estenda de Pontevedra a toda a provincia
Por Redacción |
-
A experiencia de Pontevedra centra a xornada de mobilidade organizada pola Deputaciò de Barcelona
Por Redacción |
-
Máis de cen alcades e técnicos aplauden en Roma o modelo de mobilidade que a Deputación aplicará na provincia
Por Redacción |
-
A 'outra mobilidade' de Pontevedra, exemplo "revelador" para a Fundación Pons
Por Alejandro Espiño |