Acepta tres anos de cárcere con posibilidade de liberdade condicional por trapichear no Vao
Por Natalia Puga
Un pontevedrés recoñeceu este martes que trapicheaba con cocaina nas inmediacións do Vao e conformouse con tres anos de prisión, pero coa posibilidade de non chegar a estar entre reixas e validar a condena por liberdade provisional.
O home, J.M.V.G., sentouse no banco dos acusados da Sección Cuarta de la Audiencia de Pontevedra e recoñeceu que trapicheaba e cando foi sorprendido pola Policía botando ao chan a cocaína que leva enriba.
O xuízo con conformidade celebrouse a porta pechada, pero o avogado defensor indicou que o seu cliente se viu beneficiado da posibilidade de liberdade condicional ao ter en conta que no momento dos feitos era drogodependente
Os feitos producíronse sobre as 13.00 horas do 14 de febreiro de 2012 nas inmediacións do poboado do Vao, nun punto ao que adoitan acudir consumidores habituais de substancias estupefacientes para surtirse de cocaína.
O imputado viu chegar a axentes policiais e botou ao chan unha carteira con 23 bolsiñas de celofán pechadas que contiñan 4,59 gramos de cocaína cunha riqueza do 81,04%, máis pura do que adoita ser habitual cando chega ao consumidor final.
O acusado tiña enriba esta droga "para a venda a consumidores", así como 328,50 euros "procedentes da venda da devandita substancia" e unha nota de papel con anotacións supostamente relativas ás transaccións realizadas.
O acusado presenta síndrome de dependencia a múltiples substancias estupefacientes e "dita circunstancia diminúe a súa capacidade volitiva nos actos destinados a financiar o autoconsumo".