Os hospitais privados piden á Xunta que a asistencia sanitaria sexa pública pero a provisión tamén privada
Por Redacción
No transcurso da audiencia celebrada a primeira hora da noite de onte co presidente da Xunta, que estivo acompañado pola conselleira de Sanidade, unha representación da Asociación de Hospitais Privados de Galicia (Ahospgal), trasladoulle a Alberto Núñez Feijoo o seu firme determinación de que "o financiamento da asistencia sanitaria sexa pública e a súa provisión pública e privada".
Este colectivo ao que pertence o hospital pontevedrés Miguel Domínguez, xunto con outros once centros galegos, propuxo ao presidente a utilización de todos os recursos dispoñibles nos centros concertados, "co obxecto de reducir custos e listas de espera, e ofrecer a maior calidade asistencial aos cidadáns".
Segundo o presidente de Ahospgal, Xusto Jorge López, propuxo que cada centro concertado e acreditado, aporte a súa carteira de servizos para integrala noutra única (pública e privada), dentro do Sistema Sanitario Galego.
A patronal dos hospitais privados demandoulle a Feijóo que, desde o Sistema Público, ao comezo de cada exercicio, se planifíquen conxuntamente todos os recursos dispoñibles, públicos e privados, para a atención médica e cirúrxica e a realización de probas diagnósticas aos cidadáns, coa maior rapidez e calidade.
Esta medida permitiría aos doce centros integrados en Ahospgal, "axustar as súas estruturas ás necesidades previstas". Neste sentido, convén recordar que estes hospitais dan traballo a máis de 5.000 persoas na nosa comunidade.