Ponte Caldelas asina o convenio con Tráfico para trámites administrativos
Por Redacción
O Alcalde de Ponche Caldelas, Perfecto Rodríguez, asinou coa Xefa Provincial de Tráfico de Pontevedra, María Vitoria Gómez Dobarro o "Protocolo de actuación para a aplicación do convenio DGT-FEMP sobre cambio de domicilio nos registros de condutores e vehículos da Dirección Xeral de Tráfico" para facilitar trámites administrativos.
Con este convenio posibilítase desde xa que o cidadán poida tramitar o cambio de domicilio do seu permiso de circulación (a efectos do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)) e no seu permiso de condución, desde o propio Concello sen necesidade de desprazarse á Jefatura de Tráfico.
E ademáis gratuito sendo suficiente para iso que o cidadán cumprimente unha solicitude no Concello ao mesmo tempo que fai a súa solicitude de empadroamento e posteriormente o Concello remitirá á Xefatura de Tráfico para que se proceda á actualización do Rexistro de Vehículos e Condutores.
Deste xeito o obxectivo de calidade e servizo aos cidadáns queda reforzado ao facilitar a xestión do trámite e evitando desprazamentos, e todo isto de balde xa que o trámite non xera ningunha taxa.
O Concello pola súa banda entre outras funcións, solicitará cada vez que unha persoa se empadrone no municipio, a cumplimentación do modelo de solicitude de duplicado por cambio de domicilio do permiso de circulación ou do permiso de condución. Así mesmo comunicará á Xefatura Provincial ou Local de Tráfico correspondente ao seu ámbito territorial os cambios de domicilio nun prazo máximo de dez días hábiles desde que teña entrada a solicitude.
Para o Alcalde "con esta medida facilitaremos a realización de trámites aos veciños do municipio sen necesidade de desprazarse a Pontevedra. Ademais en moitas ocasións un veciño que se empadrona en Ponte Caldelas, mantén o seu vehículo con domicilio noutro municipio por comodidade de non ter que ir a tráfico, o que supón un prexuízo para o Concello xa que neses casos o imposto de vehículos seguiría pagándose noutro concello".
Refírese exclusivamente ao cambio de domicilio do vehículo, non a outras transferencias relacionadas coa titularidad do vehículo que terán que seguir realizándose en Tráfico.