Desmontar estereotipos nas aulas e a arte ten premio
Por Redacción & Cristina Saiz
Almudena Poza e Ester Gandía convertéronse este mércores oficialmente en gañadoras da segunda edición dos Premios Ernestina Otero, creados pola Concellería de Igualdade de Pontevedra co propósito de recoñecer as investigacións con perspectiva de xénero realizadas polo alumnado do campus da Universidade de Vigo. Os seus nomes xa se deran previamente, pero este mércores recibiron o premio.
Ambas coinciden á hora de sinalar a satisfacción que lles produciu a concesión destes galardóns, que se entregaron durante un acto celebrado na Casa da Luz. Ester Gandía non puido estar presente porque reside en México, pero a través do Diario da Universidade de Vigo (DUVI) destacou a súa vontade de ofrecer "un recoñecemento social a aquelas que traballamos coa perspectiva de xénero e nos interesa aplicar nos nosos estudos a igualdade entre mulleres e homes".
O traballo de Almudena Poza leva o título 'A aprendizaxe cooperativa como ferramenta para fomentar a igualdade entre sexos os sexos na escola infantil'. Fíxoo coa profesora de Ciencias da Educación e do Deporte Azucena Arias como titora co propósito de promover tarefas, recursos e estratexias con perspectiva de xénero para desenvolver nas aulas de educación infantil un traballo cooperativo que contribúa a promover valores de igualdade.
O proxecto de Ester Gandía consta de oito obras artísticas que, a través de diversos recursos e medios, materializan un discurso conectado cunha realidade social baseada no patriarcado e na violencia contra as mulleres, exercida estrutural, simbólica e directamente. É o seu traballo final no máster en Arte Contemporánea Creación e Investigación e realizouno co profesor da facultade de Belas Artes Xosé Manuel Buxán como titor.
Relacionadas:
-
A terceira edición dos premios Ernestina Otero xa teñen gañadores
Por Redacción |
-
Dezasete traballos universitarios optan aos premios Ernestina Otero
Por Redacción |
-
Igualdade convoca unha nova edición dos premios Ernestina Otero
Por Redacción |
-
Almudena Poza e Esther Gandía, gañadoras dos segundos premios Ernestina Otero
Por Redacción |