Aduanas busca expedientes de Aquagest no Concello de Poio por orde da xuíza da Pokemon
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Axentes de Aduanas acudiron este mércores ao Concello de Poio para retirar expedientes relacionados coa empresa Aquagest. Levaron unhas 10 caixas con expedientes completos de Aquagest tras algo máis de sete horas de rexistro.
Os dous funcionarios de Vixilancia Aduaneira presentaron un oficio asinado pola maxistrada do Xulgado de Instrución número uno de Lugo, María Pilar de Lara Cifuentes, no que reclama os "expedientes orixinais e íntegros" relativos aos contratos de dúas obras.
Trátase da ampliación da rede de auga potable e saneamento no Camiño da Escola en Chancelas, e outra obra en Campelo. Ademais Pilar de Lara solicita "todos os contratos de calquera tipo ou modalidade" nos cales figure a empresa Aquagest "desde o ano 2006 ata a actualidade".
Requírese por parte do xulgado de Lugo a denominación do concurso, o importe asignado, incluso os nomes de todas as empresas que participaron no concurso.
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, sinalou os traballadores municipais están centrados neste traballo "para nós esta colaboración é prioritaria", polo que están dispostos a organizar quendas entre os funcionarios municipais.
Luciano Sobral lembrou que Aquagest, actualmente Viaqua, é a concesionaria do servizo de augas, abastecemento e saneamento, en Poio que no seu día conseguiu a empresa Ferroser. É un contrato por 20 anos que expira dentro de dous.
O rexedor insistiu en que o seu Concello prestará "toda a colaboración" e engadiu que no grupo de goberno, BNG e PSdeG, "por suposto estamos tranquilos" xa que indicou que "todos os procesos fixéronse a través de mesa de contratación menos algunha obra menor para resolver algún problema concreto".
PREOCUPACIÓN NO PP DE POIO
O Partido Popular amosa a súa preocupación por esta actuación xudicial e solicita a convocatoria dunha xunta de portavoces ou mesmo dun pleno extraordinario coa intención de que os responsables municipais ofrezan explicacións sobre este asunto e así "mitigar a inquedanza dos veciños de Poio".
Relacionadas:
-
O PP insta á creación dunha comisión de investigación sobre Cespa e Aquagest
Por Redacción |
-
Poio pide "tranquilidade" aos veciños porque a que está sendo investigada "é a empresa Aquagest"
Por Redacción |
-
Legísima lamenta o "dano mediático" da investigación sobre Aquagest: "No Concello ningúen esconde nada"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Axentes de Aduanas entran no Concello de Pontevedra para reclamar documentación de Aquagest
Por Anxo Lourido & Alejandro Espiño & Cristina Saiz | Creada e actualizada