Os polígonos industriais da provinciais estarán a todo gas antes de 2020
Por Redacción
Gas Natural Galicia e a Xunta de Galicia desenvolverán no período 2015-2020 o Plan de gasificación dos polígonos industriais da provincia de Pontevedra, que permitirá o acceso do gas natural a cinco novos polígonos industriais e o desenvolvemento das infraestruturas nos 14 parques empresariais que xa contan con servizo.
Durante este exercicio, a compañía investiu 400.000 euros para levar a subministración de gas aos polígonos de Tremoedo (Vilanova de Arousa) e Pedreira (Mos).
En total, a distribuidora construíu 1,3 quilómetros de redes de distribución para dar servizo ás industrias de Nugape e Copo Ibérica. Adicionalmente, Gas Natural Galicia investiu 600.000 euros na ampliación de redes de distribución para dar servizo a nove industrias nos polígonos de Campiño (Pontevedra), Reigosa (Ponte Caldelas) e A Granxa (O Porriño).
Nos próximos anos, a distribuidora levará a subministración a cinco polígonos: Sete Pías (Cambados), Salnés (Ribadumia), Trabanca (Vilagarcía de Arousa), Tui e Lalín 2000.
Para iso, Gas Natural Galicia investirá preto de 600.000 euros na construción de 5,2 quilómetros de rede que permitirán conectar nove industrias á rede de gas natural.