69 centros educativos de Pontevedra Norte participan en programas de reforzo da Xunta
Por Anxo Lourido
Todos os centros públicos de primaria e secundaria de Galicia poden participar do programa de reforzo educativo. Na zona norte de Pontevedra, 69 colexios e institutos participarán este ano na segunda convocatoria desta proposta. As actuacións enmárcanse na liña de orientación, apoio, mellora da escritura, da lectura e do cálculo, ademais de traballos para favorecer a convivencia, a redución do fracaso escolar ou a mellora do nivel de coñecementos para obter a excelencia.
Este ano incrementáronse notablemente o número de solicitudes tras a primeira experiencia e "aquí, no IES Luis Seoane vaise traballar en tres das cinco liñas das bases dos contratos-programa".
O Conselleiro apuntou que "nestes últimos anos o abandono e fracaso leva disminuido as súas taxas que se sitúan no 20,8%, moi lonxe do que marca a UE pero tamén moi lonxe da taxa en España que é moi superior".
A través dos contratos-programa pódese actuar de xeito inmediato e conseguir que os docentes obteñan os mellores resultados cos seus alumnos.
A Consellería de Educación inviste máis de 3,27 millóns de euros nesta iniciativa, da que máis de 1,5 millóns se destinan a centros da provincia de Pontevedra.