Unha curtametraxe do IES Bizocas sensibiliza sobre a violencia machista nas redes sociais
Por Redacción
Cal pode ser o peor paso para unha muller na súa vida? A partir desta pregunta, unha curtametraxe elaborada no IES Bizocas do Grove presenta en cinco minutos a historia dunha estudante que a partir dunha cita nunha praia atópase presionada a través de post-it en relación aos seus costumes, amizades e gustos por parte da súa parella.
O vídeo foi colgado en Facebook o 25 de novembro, o día mundial contra a violencia sexista, e obtivo xa máis de 5.000 visitas. Este traballo audiovisual quere recoller como nun ambiente como o dun centro escolar poden comezar a xerarse condutas de posesión por parte dalgúns homes cara ás mulleres.
A curtametraxe, marcado por un ton dramático, finaliza cunha mensaxe no que se lembra ás mulleres "que ninguén che marque o camiño, fai o teu".