Ingresa en prisión o autor confeso do crime de Ponte Caldelas
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Marcos Vidal González, o autor confeso do crime de Ponte Caldelas, foi enviado este luns ao centro penal da Lama por orde do Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra. A xuíza decretou, á primeira hora da tarde, o seu ingreso en prisión comunicada e sen fianza investigado por un delito de homicidio.
O mozo permaneceu ingresado desde o mediodía do domingo na unidade de Psiquiatría do Hospital Provincial e contra as 12.00 horas deste luns recibiu a alta hospitalaria. Tras pasar pola Comandancia da Garda Civil, ás 13.05 horas chegou aos xulgados da Parda. Pasaba das 14.00 horas cando chegou diante da xuíza, Casilda Suárez, e alí permaneceu arredor dunha hora, en presenza da súa avogada e do fiscal do caso, Jesús Calles. A primeira hora da tarde, a xuíza emitiu un auto enviándoo a prisión.
Segundo puido saber este xornal, o mozo si que declarou ante a xuíza e respondeu ás preguntas que lle fixo durante unha hora, pero non transcendeu o contido da súa declaración. De todos os xeitos, si que se sabe que o home confesou os feitos ante a Garda Civil. De feito, na mañá do sábado el mesmo chamou confesando que acababa de cometer un crime e diciendo á Garda Civil que se atopaba na praia fluvial de Ponte Caldelas, para que foran a detelo. Cando chegaron os gardas, estaba no sitio indicado e entregoulles a arma do crime.
O mozo permaneceu preto de 24 horas ingresado, incomunicado e custodiado en todo momento pola Garda Civil, ata que os médicos decidiron que xa podía recibir o alta e pasar ante o xuíz.
Este luns a Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra tamén terminou o informe sobre o crime, que foi entregado no xulgado xunto co detido.
Relacionadas:
-
Marcos Vidal, único acusado por asasinar a puñaladas ao marido da súa ex "aumentando de forma deliberada o seu sufrimento"
Por Natalia Puga |
-
A esposa do falecido no crime de Ponte Caldelas declarará como investigada polas súas "omisións e inexactitudes"
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A Audiencia revisa os recursos que piden ampliar a investigación do crime de Ponte Caldelas
Por Natalia Puga |
-
A Audiencia Provincial deberá decidir se investiga á esposa do falecido no crime de Ponte Caldelas
Por Natalia Puga |
-
Acusación e defensa do crime de Ponte Caldelas piden que se investigue á muller do asasinado
Por Redacción |
-
O acusado do crime de Ponte Caldelas, de novo ante o xulgado
Por Redacción |
-
"Estamos todos moi afectados, desconsolados, isto é un drama no pobo"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Ingresan en Psiquiatría ao homicida de Ponte Caldelas ata o seu paso a disposición xudicial
Por Alejandro Espiño & Natalia Puga |
-
Tres días de loito oficial polo crime de Ponte Caldelas
Por Alejandro Espiño |
-
Mata a coiteladas ao marido da súa ex noiva
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado | Creada e actualizada