25 de novembro. Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Por Redacción
Este 25 de novembro, é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Multitude de actos por toda a comarca reclamaron unha sociedade igualitaria, sen discriminación e sen situacións que faciliten a violencia de xénero.
PONTEVEDRA
En Pontevedra uno dos máis concorrido tivo lugar este mediodía na Praza da Peregrina, no que se conectou por videoconferencia coas localidades de Caldas de Reis, Cangas, Lalín, Moaña, Redondela, Tomiño, Tui e Vilagarcía de Arousa onde simultaneamente estábanse desenvolvendo intervencións artísticas para visibilizar esta secuela.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou xunto coa concelleira de Benestar Social de Pontevedra, Carme Fouces, nesta iniciativa denominada "Mulleres en acción #violenciazero".
A artista santiaguesa, Ana Xesto, escenificou o traballo silenciado dunha muller servil que carga por imposición cunha serie de lastres. O público contribuíu nesta actuación botando terra sobre o corpo inerte da artista tirado no chan, unha acción que resultou especialmente emotiva ao participar nela a nai da pontevedresa desaparecida, Sonia Iglesias.
Os sindicatos Comisións Obreiras e UXT, elixiron a Subdelegación do Goberno para levar a cabo unha concentración na que denunciaron que "cada vez hai máis recortes por parte do Goberno do Estado e da Xunta para facer fronte á violencia machista".
Igualmente a CIG mobilizouse na coñecida como Praza 8 de marzo para visibilizar que "na túa empresa tamén hai violencia", onde enumeraron gran cantidade de "micromachismos" que aseguran "tamén son violencia".
BUEU
O Concello de Bueu entregou os premios do XIII Concurso de carteis contra a violencia de xénero. A conmemoración do 25N constou dunha concentración silenciosa, e dun acto de entrega de premios, no que tamén se presentou unha canción e un vídeo protesta elaborados polo CPR Virxe Milagrosa.
Centos de rapaces deixaron ver as súas mans pintadas de violeta, e unha pancarta pregada de cor violeta en conmemoración deste día.
No seu discurso, o alcalde salientou que o Concello de Bueu seguirá traballando na liña da prevención, "a pesar das novas políticas do goberno autonómico que tenden a reducir estas actividades", dixo.
SANXENXO
En Sanxenxo, o goberno local colocou unha pancarta no balcón da Casa Consistorial en rexeitamento desta secuela social.
Ao longo desta semana iranse desenvolvendo diferentes actividades vinculadas a esta problemática. O máis destacado é a convocatoria da Mesa contra a Violencia de Xénero do Concello de Sanxenxo, que terá lugar o xoves a partir das 17.30 horas.
"A violencia nos ollos dá infancia" é o título do audiovisual que este venres proxectarase no Emilia Pardo Bazán dentro do programa da Gala contra a Violencia de Xénero que, baixo o epígrafe xeral de "Cos pés por diante" desenvolverase a partir das 20 horas e con entrada gratuíta.
PONTE CALDELAS
A Corporación Municipal de Ponte Caldelas deu lectura a un manifesto no que comprométese públicamente "a exercer a tolerancia cero cos maltratadores e a impulsar políticas públicas transversais que incidan na mellora da igualdade de oportunidades e o empoderamento das mulleres así como na prevención, detección, denuncia e loita contra a violencia machista desde a protección e asistencia integral á vítima, desde o minuto cero, como garantía da súa seguridade para que axude a poñer fin a un sentimento de vulnerabilidade e medo".
"Impulsaremos accións dirixidas ao ámbito educativo de prevención e sensibilización da violencia de xénero a fin de previr comportamentos sexistas e loitar contra as microagresiones machistas cotiás tal e como prevé o Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades 2014-17 que continúa activo no noso Concello".
MORAÑA
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill, xunto coa alcaldesa, María Luisa Piñeiro, asistiu ao acto conmemorativo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no Concello de Moraña.
Antonio Coello, na súa lectura dun manifesto, afirmou que "a plena erradicación dun problema complexo e atávico como a violencia contra a muller precisa da actuación de todos. O traballo conxunto de Administracións Públicas, do Poder Xudicial, das Forzas e Corpos de Seguridade, medios de comunicación, profesionais de todos os ámbitos, asociacións especializadas e sociedade civil é o método para alcanzar unha sociedade libre de calquera forma de violencia contra a muller, garante e respectuosa da súa dignidade e dereitos e dos dos seus fillos e fillas".
Relacionadas:
-
Homenaxe ás mulleres en Marín con motivo do 25-N
Por Redacción |
-
O programa #violenciazero medra e terá actividades todo o ano en 25 concellos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Sanxenxo atendeu este ano 27 casos máis que en 2015 de atención psicolóxica por violencia de xénero
Por Redacción |
-
Contra a violencia machista, tamén teatro: 'A herdanza' encheu o Teatro Principal
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Ata que a morte nos separe
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Conchi. 38 anos. Ponte Sampaio
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Máis bragas contra a violencia machista
Por Redacción |
-
Máis bragas contra a violencia machista
Por Redacción |
-
A violencia machista en Pontevedra: menos ordes de protección e denuncias, máis chamadas ao 016
Por Natalia Puga |
-
Mestras, alumnas e persoal do Colexio Doroteas protagonizan unha campaña contra a violencia sexista
Por Redacción |
-
Axenda comarcal de actos polo 25-N. Día contra a violencia ás mulleres
Por Redacción |