Queres mellorar a Galipedia? Pontevedra acolle o primeiro Wikimaratón do Audiovisual
Por Redacción
Os cibernautas interesados en mellorar os contidos da Wikipedia sobre un determinado tema contan cunha cita no primeiro Wikimaratón do Audiovisual que se vai a desenvolver na Facultade de Ciencias Sociais do campus pontevedrés o vindeiro sábado 28 de novembro. O evento, que se iniciará ás 10.00 horas, está promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Galipedia.
Para intervir neste encontro é necesario apuntarse nunha lista de participantes facéndose usuario da Galipedia e editando a páxina que promove a esta cita.
A aqueles que queiran participar presencialmente, a organización convídalles a levar o seu computador portátil para conectarse a través da rede sen fíos da Facultade ou utilizar algunha das computadoras da aula de informática.
Dentro das actividades que está previsto realizar contémplase a mellora de artigos sobre O lapis do carpinteiro, a obra de Manuel Rivas ou sobre a historia do cinema en Galicia. A través deste acto tamén se pretende facer visible á comunidade que colabora coa Wikipedia, favorecer o contacto entre os membros e facilitar a incorporación a todos aqueles que queiran formar parte dela.