A APDR inicia unha captación de fondos para financiar a campaña 'ENCE fóra da Ría para sempre'
Por Redacción
A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) decidiu poñer en marcha unha campaña de recollida de fondos económicos para afrontar os gastos correspondentes á campaña conxunta que está levando a cabo baixo o lema 'Ence fóra da Ría para sempre'.
Segundo informou o seu presidente, Antón Masa, a través dun comunicado, a campaña implica a numerosas institucións e colectivos sociais da comarca, pero cada entidade ten que facer fronte ao pagamento da súa parte correspondente. Para a APDR é "absolutamente necesario" que o gasto da campaña "non hipoteque os gastos do funcionamento ordinario" deste período 2015-2016.
A xunta directiva da asociación sostén que só se poderá asumir este gasto cun esforzo económico extra das persoas que forman parte da asociación e todos os que, sen ser socios, simpatizan coas súas posicións a prol da recuperación da Ría de Pontevedra unha vez que a factoría de Ence abandone a súa ubicación actual en Lourizán.
Pìden a todas as persoas interesadas en axudar que fagan un ingreso na conta corrente que a asociación ten aberta en Abanca. Para maior información, poden poñerse en contacto coa APDR ao través do correo electrónico apdr@apdr.info ou mediante contacto telefónico no número 666621438.
A campaña basease na información á cidadanía e inclúe o reparto masivo do chamado 'Libro branco de Ence'.
Relacionadas:
-
A plataforma Ence Fóra solicita por escrito ao Goberno que non consolide a pasteira na ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
A APDR estuda denunciar por prevaricación ao goberno de Rajoy se concede a prórroga a Ence
Por Redacción | Creada e actualizada
-
APDR acudirá ao Parlamento Europeo para participar no debate sobre o saneamento da ría
Por Redacción |
-
Presentan o Libro branco de Ence agardando que a presión social impida a continuidade da fábrica
Por Anxo Lourido |
-
A fronte anti ENCE quenta motores: "Só a presión social será quen de impedir a prórroga"
Por Redacción |