O saneamento e a Casa do Pobo de Tenorio será "prioridades" no orzamento de Cotobade para 2016
Por Redacción
O goberno local de Cotobade está a traballar na redacción do proxecto de orzamento 2016, que se pretende ter aprobado antes de finalizar o ano. O equipo do alcalde, Jorge Cubela, vén de manter unha rolda de contactos para establecer a planificación de todo o mandato.
Na fase de proxectos que se pretenden impulsar a executar nestes catro anos contémplase unha serie de partidas para a redacción dos seguintes proxectos:
- saneamento de Dorna e Vila de Abaixo: 15.000 euros
- saneamento de A Longa: 5.000 euros
- casa do pobo de Tenorio: 16.000 euros
Desta forma, unha vez realizados os proxectos de saneamento de Tenorio, Calvelo e Parada de Tenorio, que se están a impulsar ante Augas de Galicia, o goberno local quere sumar ao saneamento do Lérez os proxectos de execución para os lugares de Dorna, Vila de Abaixo e A Longa.
Ademais, outro dos compromisos de goberno para este mandato foi o de construir unha Casa do Pobo para a parroquia de Tenorio, que dea cobertura a todas as asociacións e a todas as actividades que se queiran promover. O primeiro paso será a de licitar a redacción do proxecto.
"A construcción da Casa do Pobo de Tenorio é prioritaria nesta lexislatura, polo que se porán todos os esforzos dispoñibles", sinalaron dende o goberno local.