Lores ve como "un paso máis na estratexia do PP" o aval da Xunta á Autorización Ambiental de ENCE
Por Diego Espiño
"A Xunta deu un paso máis na estratexia deseñada por Ence e o Partido Popular para consolidar a fábrica na ría". Así valora o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o ditame da consellería de Medio Ambiente que deixa a só un paso a prórroga da concesión á pasteira na súa actual localización.
O organismo autonómico informou este venres a Costas, dependente do Ministerio, que a factoría pontevedresa de Ence cumpre cos parámetros esixidos na Autorización Ambiental Integrada (AAI) en vigor.
Este aval deixa en mans do Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar a decisión final sobre a concesión, un ditame que previsiblemente será posible coñecer antes de que finalice o ano.
Lores: "Seguiremos traballando e loitando polo dereito de ter unha ría limpa"
Nada máis coñecer o ditame de Medio Ambiente, o alcalde da capital compareceu ante os medios de comunición acompañado dos presidentes da Asociación pola Defensa da Ría, Antón Masa, e a Federación de Veciños Castelao, Juan Manuel Loureiro, para sinalar que "seguiremos traballando e loitando polo dereito de ter unha ría limpa".
Para Lores "a Xunta puido ter tomado medidas para evitar a consolidación", pero preferiu "regalarlle á empresa 1.000 millóns, que é o que custaría facer unha nova fábrica en terreos industriais", sinalou.
Na mesma liña crítica mostrouse Antón Masa ao asegurar que "é unha mostra clara de que a Xunta e o PP actúan ao ditado de Ence". Ambos esperan que Costas falle tamén favorablemente á prórroga da pasteira "e nese caso entendemos que estarían prevaricando", defendeu Masa.
Con todo os representantes da fronte anti-Ence confían en alargar o proceso ata despois das eleccións xerais coa esperanza de que un cambio de goberno pudea supoñer un cambio na situación.
"Nós estamos disparando con espingardas e otros con canóns, pero eso non significa que non vaiamos gañar", concluíu Miguel Anxo Fernández Lores.
ENCE EMPEZA A DISTRIBUÍR O "VERDADEIRO LIBRO" SOBRE A FÁBRICA
Coincidindo coa rolda de prensa do alcalde de Pontevedra, Ence remitiu un comunicado á prensa no que explica que comezará a distribuír "o verdadeiro libro" sobre a fábrica.
Con este documento, que pode descargarse tamén a través da súa páxina web, pretende "desmentir as falsidades difundidas por APDR e os seus socios políticos", en referencia ao Libro Branco presentado pola fronte opositora á pasteira.
Relacionadas:
-
A plataforma Ence Fóra solicita por escrito ao Goberno que non consolide a pasteira na ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Lores pide por carta a Rajoy que non aprobe a prórroga a ENCE co goberno en funcións
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello acudirá como parte no procedemento administrativo de prórroga a Ence
Por Redacción |
-
ENCE anuncia que incrementará a capacidade da fábrica de Pontevedra e reducirá os seus custos de produción
Por Redacción |
-
Festa rachada de Ence para reivindicar a súa mellora ambiental
Por Redacción |
-
O Concello recorre a resolución ministerial "que consolida á situación de ENCE"
Por Diego Espiño |
-
A oposición acusa a Feijóo no Parlamento galego de actuar "en conivencia" con Ence
Por Redacción |
-
A APDR volve vestir as estatuas da cidade con carteis reclamando a marcha de Ence
Por Redacción |
-
Poñen en marcha unha campaña "o máis masiva posible" para contrarrestar as "medias verdades" de ENCE
Por Alejandro Espiño |