Catro plans para 900 prazas de formación co obxectivo de fomentar o emprego
Por Redacción
A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, presentou o programa P-On Activa, unha proposta na que se inclúen todas as iniciativas innovadoras co obxectivo de superar os tradicionais plans de emprego que a concelleira considera de escasa eficacia. Por iso, dende o goberno local queren centrarse na formación como modelo para crear emprego.
As novas propostas, cun orzamento de 110.000 euros, van dirigadas a persoas e pequenas empresas coa intención de mellorar o posicionamento laboral e empresarial do que se poden beneficiar ao redor de 900 persoas durante o próximo 2016.
A proposta recóllese baixo a denominación ILE's e desenvólvese a través de catro plans:
- Plan Arela. Destinado a 75 persoas en situación de procura activa de emprego tanto por conta allea como propia. Recibirán formación segundo as súas necesidades a través dun plan de acción específico.
- Plan Verea. Trátase dun programa de tres ou catro meses que busca axudar a 20 empresas ou proxectos empresariais de Pontevedra promovendo modelos de negocio. Contarán cunha titorización individual.
- Plan On. Un programa de formación semipresencial que levará a cabo a formación práctica en habilidades laborais que melloren os currículos individuais. Está destinado a 600 persoas. Contarase cunha plataforma de formación telemática en galego a través da que se impartirán cursos de inglés, informática, prevención de riscos laborais, manipulador de alimentos, carretillero e fiscalidade básica.
- Plan Repensa. Este programa ten como obxectivo facilitar os trámites para traspasar negocios tradicionais de Pontevedra. Elaborarase un censo con estes establecementos e con persoas que se mostren interesadas en asumilos.
Relacionadas:
-
Se xa non tes idade para as Noites Abertas, o teu son as Noites Puretas
Por Redacción |
-
Un novo pulo para emprendedores e empresas, chega o "Verea 2"
Por Oskar Viéitez |
-
O programa de inserción laboral "Arela" conclúe cun 50% de éxito
Por Redacción |
-
Un plan "repensado" para diminuír os efectos do peche de negocios
Por José Alberto Graña Pérez |
-
166 titulados universitarios e de FP farán prácticas nos concellos pontevedreses
Por Redacción |
-
Os mozos volven fuxir do traballo no campo
Por Oskar Viéitez |