Once días por diante para gozar da creatividade culinaria da hostalería local
Por Redacción & Cristina Saiz
Ata o próximo día 22 de novembro, 53 establecementos hostaleiros de Pontevedra participan na oitava edición de Pontedetapas, un certame organizado pola concellaría de Promoción Económica que logrou situarse como referencia gastronómica en toda a comarca.
Desde este xoves os pontevedreses poderán degustar bocados aprendidos na mellor tradición, petiscos cheos de creatividade, mesturas innovadoras e presentacións vangardistas e tamén cócteles que mesturan sabores e texturas para o goce dos sentidos.
A concurso haberá 25 tapas tradicionais, 34 tapas creativas e 14 cócteles.
Os participantes e as propostas que presentan ao certame pódense consultar neste enlace.
Cada tapa terá un prezo de dous euros, mentres que cada cóctel custará tres euros.
O xurado profesional, que estará presidido polo cociñeiro Pepe Solla, será o encargado de outorgar os premios á mellor tapa creativa, á mellor tapa tradicional e ao mellor cóctel. Pola súa banda, o público elixirá cos seus votos a tapa que mellor represente o "sabor da cidade". Será esta a que represente a Pontevedra no certame autonómico De tapas por Galicia, organizado por Turgalicia.
Un pasaporte Pontedetapas, que será selado por cada establecemento ao consumir, permitirá ao público máis participativo -a aqueles que cubran as 53 casillas o se non entre os que máis selos teñan- optar a unha cea para dúas persoas no local que escollan, valorada en 60 euros.
Esta edición de Pontedetapas foi inaugurada polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que acompañado polos edís Anabel Gulías e Alberte Oubiña, visitou este xoves algúns dos establecementos que participan nesta iniciativa, que pretende poñer en valor o alto nivel da hostalería da cidade de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Pontedetapas 2016 manterase en novembro pero estenderase a tres fines de semana completas
Por Redacción |
-
Casa Román, El Cafetín de la Alameda e PTV, premios Pontedetapas 2015
Por Cristina Saiz |
-
Todos a tapear por Pontevedra!
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Pontedetapas adianta a mediados de novembro a súa oitava edición
Por Alejandro Espiño |