Cubela compromete a reforma da Casa do Emigrante para o 2016
Por Redacción
O goberno local de Cotobade representado polo seu alcalde, Jorge Cubela, así como polos concelleiros Fernando Vázquez e Bruno Portela, e a directiva da Comunidade de Montes de Carballedo, chegaron a un acordo para a financiación da reforma da planta superior da Casa do Emigrante, un inmoble singular e con moita historia para Carballedo e para Cotobade.
A comunidade de montes celebrará unha asamblea veciñal para obter o apoio dos veciños da parroquia.
Para Carballedo é moi importante dispor dun local social acorde ás necesidades das asociación culturais, de mulleres e de xuventude.
“Carballedo vén de potenciar o seu asociacionismo nestes catro anos, así se puxeron en marcha cada ano cursos de manualidades para mulleres, creouse unha asociación folklórica, unha asociación xuvenil e recuperáronse as celebracións de magostos, entroido, etc”, manifesta Cubela.
O goberno municipal vén de facer aportacións para as reformas e melloras das casas do pobo de Caroi, San Xurxo de Sacos, Famelga, Augasantas, Borela, Santa María de Sacos, O Cádavo e se está á espera da autorización de patrimonio para a de Rebordelo.
Relacionadas:
-
Cubela anuncia a ampliación da Casa do Pobo de Augasantas para 2017
Por Redacción |
-
Cubela pecha cos veciños de Almofrei a rehabilitación integral da Casa do Pobo
Por Redacción |
-
A Casa Veciñal de Cutián, lista para o seu uso; a Casa Escola do Cádabo, case a punto
Por Redacción |
-
A casa do pobo de Borela pasará a chamarse Casa Cultura Nélida Piñón
Por Redacción |