Chámase Gong e é unha cicloxénesis explosiva
Por Oskar Viéitez
Gong, que é como a bautizaron, é unha cicloxénesis explosiva que entrou xa de madrugada, non foi ata as seis da mañá que esta borrasca extratropical fíxose notar con máis forza.
A última hora da tarde, MeteoGalicia fixaba a alerta de nivel vermello no mar por risco extremo por mar de vento de forza 10 con intervalos de 11.
En terra hoxe espéranse tamén refachos de máis de 100 km/h (alerta laranxa) ata o mediodía nas provincias da Coruña e Pontevedra e na Mariña, e ata as tres da tarde nas montañas de Lugo e Ourense. No resto de Galicia, o vento soprará entre 70 e 90 km/h (alerta amarela).
Ante a previsión das fortes precipitacións a Xunta activou o plan especial de urxencias ante o risco de inundacións de nivel 1 ao preverse un aumento xeneralizado do caudal dos ríos.
Meteogalicia asegura que Gong, pasará rápido pola comunidade galega e tras el chegará unha caída das temperaturas e fará caer a cota de neve, que en Ourense e Lugo pode alcanzar hoxe capas de máis de cinco centímetros de espesor.