SOS Sanidade Pública chama a unha manifestación masiva o venres por "unha área sanitaria de primeira"
Por Natalia Puga
Representantes políticos dos concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Ponte Caldelas, Sanxenxo, Vilaboa, Barro, Cotobade, A Lama, Cambados ou Moraña e os deputados Montse Prado (BNG) e Guillermo Meijón (PSdeG) fixeron este luns en Pontevedra unha demostración de unión por unha causa conxunta: a defensa da sanidade pública. Todos acudiron ao Concello de Pontevedra para facer un chamamento, xunto coa plataforma SOS Sanidade Pública, a que os cidadáns teñan unha resposta "masiva" á manifestación prevista para este venres 13 de novembro entre o Hospital Provincial e a praza de España.
A manifestación partirá ás 20.15 horas do Hospital Provincial e está concibida como unha defensa da sanidade pública en xeral e da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés en particular e ten como uno dos seus eixos principais a reivindicación da ampliación de Montecelo como Hospital Único e en detrimento do proxecto do novo hospital de Monte Carrasco.
En nome de SOS Sanidade Pública, o doutor Víctor Pedreira agradeceu o apoio recibido por parte dos partidos políticos BNG, PSdeG e Marea Pontevedra e Marín e denunciou que "se han perdido seis años y medio" de defensa da sanidade pública en Pontevedra, en alusión a que dende que o PP regresou ao Goberno da Xunta de Galicia se paralizou a ampliación de Montecelo, "el único proyecto viable".
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, reivindica que todos os presentes na comparecencia deste luns na Casa Consistorial "queremos ser unha área sanitaria de primeira" e con este acto queren "invertir a tendencia" de falta de investimentos da Xunta de Galicia en materia sanitaria e "desbotar dunha vez por todas Monte Carrasco". Na súa opinión, "non é de recibo" que só Pontevedra e Ferrol queden sen fondos para proxectos sanitarios nos orzamentos autonómicos para 2016, en alusión a que tan só se prevé unha partida simbólica de 26.000 euros para o novo hospital.
O voceiro do PSdeG-PSOE en Pontevedra, Agustín Fernández, ve que na defensa da sanidade pública houbo un "punto de inflexión" na masiva manifestación que sacou á rúa a milleiros de personas en contra do novo Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e fai un chamamento a que os cidadáns saian á rúa opara reclamar que "a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés teña a dignidade que se merecen" e se revirta o "deserto inversor" no que vive dende hai sete anos.
"Queremos Montecelo", reivindicou o voceiro de Marea Pontevedra, Luis Rei, que mantén que o investimento de 26.000 euros previsto para Monte Carrasco nos orzamentos xerais da Xunta para 2016 son "unha cantidade irrisoria" que demostra que "a sanidade de Pontevedra é coma unha señora infartada á que a Xunta de Galicia lle pon unha tirita nun dedo".
Relacionadas:
-
Miles de persoas piden na rúa que Pontevedra deixe de ser "unha área sanitaria de segunda"
Por Cristina Saiz & Diego Espiño |
-
Jacobo Moreira pregúntase por que non o invitan á manifestación pola sanidade pública
Por Redacción |
-
O xerente do CHOP considera "un parche" a ampliación do hospital Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
A Santa Compaña clama contra a privatización da sanidade pontevedresa
Por Diego Torrado |
-
A Santa Compaña reivindicará polas rúas de Pontevedra a ampliación do Hospital Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
Chaman dende a Peregrina á manifestarse en defensa da sanidade pública
Por Redacción |
-
A plataforma SOS Sanidade denuncia a presenza de roedores no recinto do Hospital Provincial
Por Anxo Lourido |
-
SOS Sanidade Pública sae á rúa para evitar que Pontevedra se convirta noutro Álvaro Cunqueiro
Por Redacción |
-
SOS Sanidade Pública sae á rúa para evitar que Pontevedra se convirta noutro Álvaro Cunqueiro
Por Redacción |