Marín ten 'flow'
Por Diego Torrado
O Skatepark Concrete, no parque Azul de Cantodarea, acolleu este sábado o evento deportivo e cultural Campeche, organizado pola Asociación Deportiva e Social IZEL United Skate e Bmx.
Ademais das exhibicións de skate, BMX, rollers e scooter, tamén houbo un mercadillo de pezas de bicicleta, artesanía, barra de bebidas, talleres e mesmo unha caseta dunha escola de masaxes con masaxistas profesionais, para dar masaxes gratuítas a todos os participantes coa opción de colaborar dando 1 quilo de alimentos.
Non faltou un espazo destinado á recollida de xoguetes, e todo o relacionado tamén con estes deportes urbanos; accesorios, repostos, cascos de skate (monopatín), BMX (bici pequena), patíns (online, roller), scooter (patinete), como doazóns aos que o necesitan.
Ademais houbo exhibición de grafiti e un concerto de Beryer & Klee.
Relacionadas:
-
Solicitan unha subvención de 38.700 euros para remodelar o skatepark do Parque Azul de Marín
Por Redacción |
-
As pistas de skate cambiarán de localización pero sempre dentro da contorna da reformada praza de España
Por Redacción |
-
Campeche, nova cita para afeccionados ao skate, BMX, rollers e scooter
Por Redacción |
-
Es Rider e buscas unha escola? Marín é o teu espazo
Por Redacción |