O PP pedirá no próximo pleno a anulación do acordo sobre Ence e Elnosa aprobado na Deputación
Por Redacción
Os deputados provinciais do Partido Popular presentarán unha moción na que se pide a anulación do acordo sobre Ence e Elnosa aprobado en Xunta de Goberno da Deputación, e que se poida debater durante a sesión plenaria e todos os grupos políticos teñan dereito a posicionarse sobre este tema, ademais de pedirlle o apoio para os traballadores das dúas fábricas.
O voceiro dos populares considera que “se a presidenta da Deputación e os seus compañeiros de partido teñen tan claro o seu posicionamento non lles debería dar medo debater este tema durante a celebración dun pleno”.
Nesta liña, o voceiro do PP, explica que “non deixa de ser curioso que o PSOE, que tanto presume de defender aos traballadores, se posicione desta maneira nesta cidade”.
Ángel Moldes engadiu que “a presidenta da Deputación, Carmela Silva, manifestou publicamente tras a reunión co alcalde de Pontevedra, que este asunto se ía debater durante a celebración do pleno, pero non se atreveron e aprobárono pola porta de atrás, sen testemuñas e só para contentar a Lores e demostrarlle que cumpriron coa súa palabra, aínda que a medias”, sinala.
Por todo isto, a próxima semana os populares presentarán unha moción neste sentido, por un lado pedindo o debate no pleno sobre esta cuestión de forma que quede anulado o acordo ao que chegaron “ás agachadas” durante a Xunta de Goberno, e polo outro pedindo o “apoio incondicional” aos traballadores de Ence e Elnosa.
Relacionadas:
-
Caretas para reclamar traballo ás portas do Concello
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Os deputados do PP piden a Carmela Silva que "reconsidere" a súa postura sobre ENCE
Por Redacción |
-
Axitado pleno na Deputación con traballadores de Ence e os deputados populares abandonando a sesión
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |