O PP de Pontevedra acudirá con máis de 700 persoas o seu Congreso Rexional
Por Oskar Viéitez
O vicepresidente provincial do PP en Pontevedra, José Manuel Figueroa, subliñou que ao congreso rexional do PPdeG que terá lugar esta fin de semana en Lugo a provincia de Pontevedra estará representada por máis de 700 persoas.
Figueroa dixo que debe ser un "congreso de reafirmación", dado que os resultados dos últimos tres anos de presidencia de Núñez Feijoo avalan a súa continuidade e a liña de traballo do partido.
Neste sentido, incidiu en que Feijoo "demostrou capacidade de liderado no partido e de xestión á fronte da Xunta de Galicia", polo que "podemos considerar que a primeira fase está cumprida, aínda que non nos podemos quedar aí".
Por iso, asegurou que hai "novas demandas" que requiren que "o partido amplíe a súa base social, que estea conectado coa sociedade permanentemente e que teña resposta aos problemas que plantexa a sociedade para poder resolvelos".
Partindo destas premisas, o congreso rexional márcase dúas liñas de traballo "buscar por todos os medios reducir as taxas de desemprego e tratar potenciar os sectores estratéxicos para que xere emprego e se produza un crecemento económico".
A cidade de Pontevedra aporta 30 compromisarios, algunos con un papel muy destacado, Jacobo Moreira, redactor dunha das ponencias e Lupe Murillo que representará ao Comité de Dereitos e Garantías.