Figueroa aposta pola continuidade de Louzán como presidente provincial do PP
Por Oskar Viéitez
O vicepresidente provincial do PP en Pontevedra, José Manuel Figueroa, recordou que tras o congreso rexional desta fin de semana abrense as portas á celebración dos congresos provinciais e locais.
No caso do Congreso Provincial de Pontevedra, Chema Figueroa apostou pola continuidade de Rafael Louzán como presidente, asegurando que conta co apoio unánime do partido e que "esperamos que el teña esta iniciativa de presentarse".
O vicepresidente provincial asegurou que Louzán é unha "persoa que está respaldada e fortalecida polos resultados electorais e polo seu traballo día a día", polo que "espero que repita e teña o apoio unánime de todos, como non pode ser doutra maneira dado o traballo que está a facer".
Un dos obxectivos debe ser, dixo Figueroa, recuperar Pontevedra e Vigo
O obxectivo do PP provincial nesta nova etapa e traballar nestes 2 anos e medio para "conseguir novas alcaldías e fortalecer as que xa temos". Así, incidiu en que un dos obxectivos debe ser recuperar Pontevedra e Vigo.
ÿ unha nova etapa, dixo, na que se abordarán "os congresos locais onde proceda e a designación dos candidatos ás alcaldías", sempre desde a "tranquilidade que caracteriza ao PP e que o converte no paradigma da unidade e de como hai que facer as cousas".