Ence celebrará na Praza de Touros cos seus traballadores a distinción europea pola súa traxectoria ambiental
Por Redacción
Ence decidiu organizar un evento conmemorativo para celebrar a distinción da Unión Europea a súa traxectoria ambiental.
Dende o grupo pasteiro salientan que "detrás da mellora ambiental experimentada por Ence nos últimos 15 anos está o traballo dos empregados da compañía, de moitas empresas contratistas ou de universidades que colaboraron no deseño de proxectos".
Por iso é polo que a empresa, os seus traballadores e familias e amigos, contratistas dos sectores pontevedrés e galego da industria auxiliar, e provedores de madeira de diferentes puntos da comunidade autónoma sumaranse á festa que se celebrará na Praza de Touros este sábado 7 de novembro.
Ás 5 abriranse as portas, e ás 6 comezará a programación festiva.
No evento haberá dúas actuacións musicais. Ademais, desenvolveranse actividades infantís, entre as que se inclúe un taller no que os máis pequenos poderán producir papel a partir de pasta de celulosa.
Para Ence é "unha satisfacción" conseguir esta distinción da Comisión Europea. Con todo, a empresa reitera que quere ir "moito máis alá".
De aí plans como o proxecto de integración arquitectónica da fábrica, os relativos á finalización definitiva de calquera impacto oloroso, ou o denominado “Novo Ciclo da Auga”: con este último, Ence Pontevedra quere reducir nun 90% o seu consumo de auga.
Relacionadas:
-
Ence recibirá 60.000 toneladas de madeira de eucalipto durante 2016 procedente de Fomento Forestal
Por Redacción |
-
Festa rachada de Ence para reivindicar a súa mellora ambiental
Por Redacción |
-
Primeiro asalto de ENCE para rebatir as "principais mentiras" do 'Libro Branco'
Por Redacción |
-
Ence traballa nun documento para rebater ao 'Libro Branco'
Por Oskar Viéitez |
-
Presentan o Libro branco de Ence agardando que a presión social impida a continuidade da fábrica
Por Anxo Lourido |