Primeiro asalto de ENCE para rebatir as "principais mentiras" do 'Libro Branco'
Por Redacción
Comunicado de Ence: Unha primeira resposta conxunta ás mentiras do Libro Branco
A pasada fin de semana a empresa Ence xa avisou de que rebatiría as "falsidades e acusacións" recollidas no chamado 'Libro Blanco de Ence' que acaban de editar os colectivos sociais e políticos contrarios á súa continuidade na Ría de Pontevedra. Este mércores cumpriu co anunciado e fixo pública unha primeira resposta de conxunto para abordar as "principais mentiras".
A pasteira emitiu un comunicado no que anuncia que irá profundando posteriormente nestas "mentiras" co fin de que os cidadáns de Pontevedra coñezan a realidade da fábrica. Aportando documentos coma o Informe sobre a Calidade do Aire no Estado Español 2014 da Organización Mundial da Saúde (OMS) ou os datos propios dos medidores de calidade ambiental da factoría de Lourizán, vai respondendo ás preguntas que publica o 'Libro Branco'.
A calidade do aire de Pontevedra, os traballos para erradicar calquera impacto oloroso da fábrica, as coliformes da Ría de Pontevedra ou os controis e datos ambientais son algúns dos aspectos aos que responden dende Ence e indica que os impulsores da campaña anti Ence "minten sobre os problemas da Ría", pois un estudo da Universidade de Barcelona, no que mesmo se chegou a analizar ADN bacterial, concluíu que no efluente de Ence non hai ningún tipo de coliforme procedente de ningún ser vivo. "Menos APDR, todo o mundo sabe que a orixe das coliformes fecais son os excrementos, non a auga procedente da cocción de madeira", sinala.
O Libro Branco xera dúbidas sobre posibles impactos á saúde sobre a actividade de Ence, contido que Ence cre que "resulta impresentable" porque "é un tema moi serio que nos debe preocupar a todos" e os autores do que eles define como "seudo-informe", na súa opinión, "deberan coñecer que os datos de calidade do aire de Pontevedra melloran as recomendacións da OMS".
Ence insiste en que dispón da súa propia captación de auga a través dunha presa na parroquia de Bora e os seus opositores "omiten datos" á hora de falar do emprego xerado pola empresa na comarca. Ao respecto, asegura que xera máis de 5.000 empregos en Galicia, 800 na comarca de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A plataforma Ence Fóra solicita por escrito ao Goberno que non consolide a pasteira na ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Ence celebrará na Praza de Touros cos seus traballadores a distinción europea
Por Redacción |
-
Ence traballa nun documento para rebater ao 'Libro Branco'
Por Oskar Viéitez |
-
Presentan o Libro branco de Ence agardando que a presión social impida a continuidade da fábrica
Por Anxo Lourido |
-
A fronte anti ENCE quenta motores: "Só a presión social será quen de impedir a prórroga"
Por Redacción |