Moreira pide a Lores que explique de onde proceden os cartos para a campaña anti-Ence
Por Redacción
O portavoz do Partido Popular, Jacobo Moreira reclama a Miguel Anxo Fernández Lores que explique aos veciños de onde procede o diñeiro co que se está financiando a campaña contra a permanencia de Ence en Lourizán despois de 2018.
Os representantes do PP consideran que é necesario que o alcalde informe tanto do financiamento para elaborar e publicar os exemplares do Libro branco de Ence, como da creación e mantemento da páxina web e do material empregado nesta campaña.
Consideran que sería un paradoxo que o goberno de Fernández Lores empregase o diñeiro dos pontevedreses para financiar unha campaña en contra da empresa pasteira. Sinalan que resultaría paradoxal se a financia o Concello porque se estaría empregando diñeiro dos propios traballadores de Ence para ir en contra da empresa para a que traballan e queren seguir traballando.
Jacobo Moreira solicita a máxima transparencia neste tema.