Os novos empresarios conceden o premio honorífico ao presidente de Clavo Congelados
Por Oskar Viéitez
Emilio Clavo Lumbreras, presidente de Clavo Congelados, é o empresario premiado de maneira honorífica pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra.
Emilio Clavo (Zamora, 1939), empezou a súa carreira profesional no ano 1956 incorporándose ao negocio de pescaderías familiar e a día de hoxe é o presidente de Clavo Congelados, S.A que controla empresas cunha facturación de 35 millóns de euros anuais e conta con 400 empregados.
Clavo Lumbreras agradeceu a distinción á presidenta de AJE Pontevedra, Lucía Pedrosa, "sobre todo por venir de quien viene, del futuro de la nación, de los jóvenes empresarios".
A eles aconsella que busquen a súa "vocación, ya que ante todo tiene que gustar la empresa porque sino es difícil llegar más allá", en segundo lugar recoméndalles que nas súas decisións apliquen o "sentido común". Neste sentido destacou o labor de apoio e asesoramento que realiza AJE Pontevedra para axudar aos emprendedores nos seus primeiros pasos.
Respecto da situación actual, o presidente de Clavo Congelados aprecia unha "reactivación" no consumo doméstico, algo que valora como un "bo síntoma" aínda que recoñece que "todavía falta mucho para salir del todo de la crisis", unha circunstancia na que confía "por nuestra parte estamos trabajando en ello", engadiu.
Emilio Clavo valorou especialmente a "cultura del trabajo que hay en Galicia" un "activo" que entende que é "mucho mejor que en el resto de España". Ademais entende "necesario" que se siga flexibilizando o mercado laboral, como fórmulas para saír da crise.
Clavo Lumbreras recoñece que na súa vida como empresario "he quemado familia" ao ser sempre "el primero en entrar en la empresa y el último en irse para casa" por iso fala con orgullo e gratitude que se lle recoñeza como un exemplo.
Neste aspecto asegura que o seu negocio necesita moitas horas por iso chanceou asegurando que na súa familia "procuramos coger una franquicia de novias" que entendesen "estas dificultades".