A 'Noite dos Calacús', este sábado na Praza da Verdura
Por Redacción
A praza da Verdura volverá a acoller, este sábado 31 de outubro a partir das seis da tarde, unha nova edición da Noite dos Calacús. A cidade estará de novo decorada coas terroríficas caras que os nenos farán nos obradoiros impulsados pola Concellería de Festas, dando continuidade a unha tradición con moito arraigamento en Galicia, que se dá cada ano coa chegada do solsticio de inverno.
Os obradoiros buscan recuperar esta tradición galega que tiña unha grande importancia para a Galicia agraria dado que supoñía a fin da tempada de colleitas e o comezo da "estación escura" co solsticio de inverno. Era costume celebrar esta festa na véspera do día de Todos os Santos.
Todos aqueles pontevedreses que se acheguen a esta actividade poderán aprender a baleirar calacús, decoralos e colocarlles un cirio no interior para iluminar esta longa noite. Quen o desexe poderá deixar os seus traballos polas fiestras e portas decorando o centro histórico da cidade, e quen non, poderá levalos para casa.
Como aperitivo a esta Noite dos Calacús, o Concello de Pontevedra colabora co Centro Comercial Urbano Zona Monumental na organización do magosto popular que se celebrará na praza da Verdura este venres 30 de outubro, a partir das 20.00 horas.
Relacionadas:
-
O arrecendo das castañas asadas notarase este sábado en Pontevedra e Poio
Por Redacción |
-
A Noite dos Calacús volveu meter medo na Verdura
Por Diego Torrado |
-
Como é o teu Samaín?
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Os nenos de Ponte Caldelas e Poio asústanse e divírtense co Samaín
Por Redacción |
-
Os Calacús iluminan a noite do Samaín
Por Redacción |