A Ponte Jam porá en contacto creativos mundiais para resolver retos durante este sábado 30

Por Redacción
Será o sábado 31 por primeira vez na Casa da Luz. A cuarta edición de Ponte Jam trasládase a este novo espazo para desenvolver un dos eventos cuxa actividade forma parte de Global Service Jam, un evento internacional de deseño de servizos que se celebra o mesmo fin de semana en 48 países.
Ao longo desa xornada, os participantes adquirirán coñecementos sobre novas metodoloxías relacionadas coa innovación nas organizacións a través dun formato divertido e estimulante. Desta forma, búscase fomentar o traballo en equipo e o networking entre profesionais.
A sesión iniciarase cun vídeo que procede de Alemaña para coñecer o reto ao que terán que enfrontarse. Na rolda de prensa ofrecida durante a mañá deste martes 27 no Concello coa concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, as promotoras deste evento África Rodríguez, Cristina Fariñas e Raquel Pedrouso indicaron que o que se busca principalmente é a diversión dos participantes e poñer en marcha metodoloxías a través da práctica con vistas ao futuro.
Para participar na Ponte Jam hai que inscribirse na páxina de Ticketea. Ofrécense 25 prazas cun prezo de 15 euros por persoa para pagar os gastos de material.
Obxectivos de Ponte Jam
África Rodríguez y Cristina Fariñas. Promotoras de Ponte Jam
CC BY-NC-SA PontevedraViva