"Ampliar el Centro Deportivo de Campolongo puede acabar con el sector de gimnasios privados"
Por Diego Espiño
A decisión do Concello de Pontevedra de asumir como propio o estudo de viabilidade presentado pola empresa Serviocio, actual concesionaria da Piscina de Campolongo, para explotar conxuntamente esta instalación e o Centro Lúdico da Parda, preocupa aos empresarios privados do sector.
Dende a Federación Galega de Empresarios de Ximnasios (Fegaex) entenden que unha posible ampliación de Campolongo suporía unha competencia directa moi difícil de asumir para os centros privados, algo que se amplificaría se se confirma a supresión do canon anual que hoxe en día abona a concesionaria do servizo. Esa decisión, segundo ÿscar Rodríguez, empurraría a moitos ximnasios ao peche "nosotros tenemos que asumir costes como el alquiler y ellos sin el canon pueden bajar los precios".
Os empresarios estudarán a fondo o plan de viabilidade e anuncian alegacións para limitar as actividades que ofreza a futura concesionaria, "inicialmente el uso de A Parda no entraría en conflicto pero si se amplía Campolongo va a haber gimnasios privados que ofrecen los mismos servicios y que no van a poder competir".
"Puede suponer la pérdida del 60% de los empleos y el fin del sector de gimnasios privados"
En Pontevedra e a súa zona de influencia son 17 os centros deportivos asociados a Fegaex e que empregan 150 traballadores de xeito estable, uns postos de traballo que segundo ÿscar Rodríguez, se verían afectados de xeito directo, "sabemos que repercutirá, puede suponer la pérdida del 60% de los empleos y el fin del sector de gimnasios privados".
Reunión co concelleiro de Deportes, Agustín Fernández
Os empresarios do sector mantiveron unha reunión con Agustín Fernández para trasladar ao concelleiro a inquendanza dos profesionais. Nesta, as dúas partes mostraron a súa intención de buscar vías de colaboración á espera de coñecer o prego de condicións do proxecto Campolongo-A Parda, como recoñece Fernández "aclaránronse dúbidas como que na Parda non haberá novos ximnasios. O proceso vai ser transparente, temos o compromiso de facilitarlles o prego tan pronto estea rematado".
Para Fegaex o modelo de concesións públicas supón un risco ás arcas públicas, segundo ÿscar Rodríguez, pola posibilidade de ter que asumir débedas das concesionarias, "é un modelo caducado, no resto de España están a caer concesionarias. O problema é que se pode botar atrás e deixar a débeda ao concello. ÿ como unha hipoteca, e aquí vanse investir case 5 millóns de euros".
Relacionadas:
-
O complexo deportivo da Parda será demolido para construír tres piscinas ao aire libre e catro pistas de pádel
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A proposta de explotación conxunta de Campolongo e A Parda segue adiante a pesar do voto en contra do PP
Por Diego Espiño |
-
O PP considera "irrenunciable" cobrar un canon mínimo pola explotación do Centro Lúdico de A Parda
Por Alejandro Espiño |