Ence e Asefoga asinan un convenio que supoñerá un volume de negocio de case 300.000 euros a terceiros
Por Redacción
A empresa Ence e a Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga) subscribiron un convenio polo que o colectivo madeireiro venderá ata doce mil toneladas de madeira de eucalipto á pasteira, ao longo do próximo ano.
Segundo o acordo subscrito, o prezo de compra da madeira se indexará cada tres meses co prezo da pasta de celulosa. Isto permite aos produtores compartir beneficios coa empresa se o prezo da pasta sobe mentres o contrato estea en vigor. Ademais prima aos produtores pola xestión sustentable da madeira, polas plantacións que teñan dobre certificación, ó para a constitución de cotos redondos de propietarios ó traballos conxuntos. En ambos entre parcelas colidantes e se superan as mil toneladas.
Desde 2011 Ence favorece as relacións directas cos produtores de madeira; ben mediante compra-venda da produción, ó colaborando na sustentabilidade dos cultivos e en melloras en silvicultura.
Este tipo de convenios supoñen beneficios a outros sectores como o do transporte e o aproveitamento. Neste caso, as doce mil toneladas de madeira que venderá Asefoga a Ence xerarán nos próximos meses un volume de negocio de máis de 150.000 euros para as empresas de aproveitamento forestal e uns 120.000 euros no transporte.
Relacionadas:
-
Vinte colectivos ecoloxistas poñen en marcha unha campaña para "pararlle os pés ao eucalipto"
Por Natalia Puga |
-
O presidente dos autónomos defende ante Lores a continuidade de ENCE: "Ten que continuar aquí"
Por Redacción |
-
Ence acusa a quen reclama o traslado da fábrica de lanzar unha mensaxe "populista y demagógica"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |