Retiran un niñeiro de avespas asiáticas en Marín preto dun centro escolar
Por Redacción
Os menores que asisten ao colexio O Grupo de Marín levaron un considerable susto pola presenza dun niño de avespas asiáticas sitado nunha árbore nas proximidades do centro escolar na contorna do Camiño da Cortiña e da rúa O Inferniño na vila marinense.
O enxame atopábase na copa da árbore destas rúas do centro urbano de Marín. Os veciños xa alertaran aos servizos municipais hai unhas semanas e na mañá deste mércores 21 procedeuse á retirada do niño.
No operativo interviñeron operarios do servizo de Tragsa e tamén integrantes de Protección Civil de Marín.