AJE abrirá un viveiro de empresas no porto de Marín con espazo para 'showcooking'
Por Redacción
A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) amplía as súas instalacións. Farao con novos proxectos en Marín, Vilagarcía e Lalín. Serán viveiros de empresa que estarán relacionados coas actividades económicas de referencia de cada unha destas localidades.
No caso de Marín, segundo avanzou a presidenta da asociación, Lucía Pedroso, estará enfocado á actividade do porto e das súas empresas auxiliares. A propia Autoridade Portuaria, xunto á Zona Franca de Vigo, colabora con este novo proxecto emprendedor.
Este viveiro de empresa situarase no parque de Cantodarea, nun local cedido polo porto. Ademais de reservar espazo para proxectos emprendedores relacionados coas actividades económicas de toda esta área, crearase unha zona de showcooking -solicitada polas empresas instaladas no porto- e un espazo de coworking.
AJE Pontevedra espera que este proxecto, que xa está deseñado e presentado ás diferentes administracións involucradas, poida ser unha realidade ao longo de 2016.
Relacionadas:
-
Ampliado o prazo de solicitude de despachos no Espazo Emprendedor de Marín
Por Redacción |
-
AJE renova o seu escaparate dixital
Por Alejandro Vila de la Fuente & Redacción |
-
Zona Franca impulsa en Marín un viveiro de empresas enfocado aos produtos do mar
Por Redacción |
-
O Concello de Marín e a Zona Franca de Vigo promoverán un viveiro de empresas no municipio
Por Redacción |
-
O Concello, á espera da autorización da Xunta á cesión do seu edificio en Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |
-
Aje Pontevedra abre o prazo de recepción de candidaturas ao Premio Xove Empresario do Ano
Por Redacción |