O colexio Froebel pide o traslado do Arquivo Municipal
Por Redacción
O colexio Froebel quere que o Concello traslade o Arquivo Municipal dos baixos do centro escolar cara outro emprazamento máis axeitado.
Esta decisión adoptada o pasado 13 de outubro polo Consello Escolar deste CEIP, foi presentada este martes no Rexistro Municipal polo portavoz do PP no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira, urxindo ao goberno local a adoptar tal decisión. Moreira forma parte como representante da corporación en dito Consello Escolar.
Non se trata dunha demanda nova, xa no ano 2004, o grupo municipal do Partido Popular presentou unha moción no Pleno co fin de lograr o compromiso formal do alcalde. A resposta non chegaría ata o ano 2010, cando "o alcalde comprometeuse a trasladar o Arquivo Municipal no mes de setembro dese mesmo ano e cinco anos despois os documentos municipais seguen no mesmo emprazamento", denunciou Jacobo Moreira.
Dende o Partido Popular lembran que non só supón un problema de espacio senón que "está en xogo a seguridade dos 250 estudiantes do centro, do persoal docente e dos traballadores do arquivo que dende hay máis dunha década conviven cada día con este problema".