Turismo ornitolóxico: viaxar para ver paxariños
Por Redacción
Un acordo de colaboración entre a Concellalía de Medio Ambiente e a Sociedad Española de Ornitología, SEO BirdLife, permitirá a esta entidade comezar a traballar en Sanxenxo nunha liña de posta en valor do turismo ornitolóxico, dos seus enclaves naturales e da súa avifauna.
Coral González-Haba aposta por comezar así unha liña de políticas medioambientais que tocarían distintos sectores da sociedade e que repercutirían nunha mellora da calidade, coñecemento e saúde dos espacios naturais locais e, polo tanto, de todos os habitantes do municipio e da súa economía.
A intención de SEO BirdLife, que leva tempo xa traballando en municipios limítrofes, é comezar en Sanxenxo unha campaña de difusión entre os cidadáns do coñecemento, aprecio e respeto ás aves e á natureza en xeral, así como desenvolver programas de voluntariado ambiental para a mellora do estado de conservación de especies e de espacios naturais.
A proposta de SEO-Pontevedra inclúe a aplicación progresiva de diferentes liñas de traballo que van desde a educación ambiental con escolares e adultos, a implantación de programas de conservación para algunhas especies amenazadas e presentes no término municipal ou incluso a posta en valor de diferentes lugares de gran importancia para a invernada e migración das aves e que ademáis sirva como atractivo turístico para todos os amantes da natureza.
En definitiva, a intención de Coral González-Haba é abrir unha nova vía de promoción turística a través do turismo ornitolóxico, capaz de atraer visitantes fóra da temporada estival. Para elo a Concellaría de Medio Ambiente ofrece total colaboración a SEO BirdLife.