Tapan a publicidade de ENCE en escaparates comerciais con 'post-it' contra a súa permanencia
Por Redacción
Desde hai unhas semanas, varios locais comerciais que actualmente non teñen actividade algunha se converteron en soporte publicitario para ENCE. Nos seus escaparates pódense contemplar imaxes da campaña que puxo en marcha a empresa pasteira para reivindicar o seu compromiso cos cidadáns de Pontevedra.
Eses anuncios foron o obxectivo da contracampaña que puxeron en marcha os membros da Asociación Pola Defensa da Ría que convidaron á cidadanía a 'tunear' un destes escaparates, concretamente o situado na rúa Peregrina onde ata hai varios meses estaba situado o comercio Barros.
Desde o colectivo ecoloxista aseguran que foron moitos os pontevedreses que decidiron participar activamente nesta iniciativa. Fixérono escribindo 'post-it' con frases en contra da permanencia do actual complexo de ENCE e Elnosa en Lourizán.
Ademais, APDR situou unha mesa informativa nas inmediacións deste local comercial na que solicitaban asinan contra a prórroga solicitada por ENCE e entregábanselles aos interesados carteis co lema ENCE FÓRA! para ser colocados nas xanelas dos seus respectivos domicilios.
Relacionadas:
-
A fronte anti ENCE quenta motores: "Só a presión social será quen de impedir a prórroga"
Por Redacción |
-
A APDR volve vestir as estatuas da cidade con carteis reclamando a marcha de Ence
Por Redacción |
-
Poñen en marcha unha campaña "o máis masiva posible" para contrarrestar as "medias verdades" de ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
Os colectivos ecoloxistas piden á cidadanía que sexa "combativa" para sacar a Ence-Elnosa da ría
Por Redacción |