Despregamento dos bombeiros para asegurar unha fachada en Barcelos
Por Redacción
Dúas dotacións do Corpo de Bombeiros de Pontevedra acudiron arredor das 13.00 horas deste mércores á praza de Barcelos para garantir a seguridade da fachada dun edificio.
Segundo indicaron os bombeiros, foron alertados por un posible desprendemento de fachada, de forma que se trasladaron ao edificio número 17 para asegurar todas as baldosas e evitar que algunha caera ao chan.
Testemuñas preseciales indicou que as dúas dotacións trasladadas ao lugar aseguraron as baldosas situadas á altura dos pisos primeiro e segundo valéndose dun guindastre.
Ademais, a Policía Local acordoou os arredores do edificio para evitar que os viandantes transitasen debaixo do edificio e se puxesen en perigo. Unha dotación policial tamén regulou o tráfico.