Alerta a Policía porque presencia un roubo na casa do seu veciño en Alba
Por Natalia Puga
Un veciño da parroquia pontevedresa de Alba presenciou na tarde deste martes como un ladrón entraba na casa do seu veciño e alertou a Policía Nacional. A pesar de que testemuñas presenciais relatan que tres patrullas se dirixiron inmeditamente ao lugar, o delincuente logrou escapar.
Os feitos aconteceron sobre as 19.00 horas nunha vivenda familiar do lugar de Guxilde. A testemuña alertou á Comisaría Provincial de que se estaba a producir un roubo e os policías acudiron á casa.
Cando chegaron, o propietario non estaba, pero tampouco o ladrón. Si encontraron que a fiestra de acceso ao cuarto principal da vivenda estaba fracturada e que o interior estaba revolto.
A Policía Científica acudiu á vivenda para recabar probas e abrir unha investigación sobre o roubo, pero, ata o mometo, non se determinou a autoría deste.
Pouco tempo despois, a Policía Nacional localizou en Alba a un individuo con antecedentes policiais por delitos contra a propiedade e procederon á súa identificación, pero non se estableceu a súa vinculación co roubo en cuestión. Na Comisaría non consta ninguna detención por estes feitos.