O Concello recorre a resolución ministerial "que consolida á situación de ENCE"
Por Diego Espiño
O goberno local presentou en tempo e forma, tiña de prazo ata o pasado día 5 de outubro, un recurso á última orde ministerial de Medio Ambiente sobre o expediente de caducidade da concesión de ENCE, que ordenou incoar o Tribunal Supremo tras unha denuncia da asociación Salvemos Pontevedra.
Esta resolución de Costas propoñía declarar a caducidade parcial da concesión, o que non afectaría o complexo industrial pero si á EDAR de Lourizán, ao emisario submarino e o campo de fútbol dos Praceres.
Agora o Concello esgota a súa opción de recurso solicitando "que se anule esa orde ministerial de Costas que consolida a situación de Ence, que é a que lle dá pé para continuar", explicou a portavoz municipal Carme da Silva.
Fíxoo co apoio dos concelleiros de BNG, PSOE e Marea e a abstención de PP e Ciudadanos e avisando que en caso de negativa ministerial "seguiremos cos trámites por vía xudicial", asegurou Da Silva.
A representante do Concello engadiu que "o que é curioso é que o Ministerio diga que o que non está ben sólo é o campo de fútbol e o comedor", en relación ao comedor do complexo industrial que o mandato de Costas ordena derrubar.
En calquera caso, no caso da depuradora dos Praceres, a edil pontevedresa sinalou que non lle preocupa a resolución pois é un equipamento permitido en chan de dominio marítimo terrestre e só se necesita unha nova tramitación que xa se iniciou.
Relacionadas:
-
Moreira reclama a Lores a construción dun novo campo de fútbol en Praceres
Por Anxo Lourido |
-
Lores ve como "un paso máis na estratexia do PP" o aval da Xunta á Autorización Ambiental de ENCE
Por Diego Espiño |
-
Ence acusa a quen reclama o traslado da fábrica de lanzar unha mensaxe "populista y demagógica"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
A oposición acusa a Feijóo no Parlamento galego de actuar "en conivencia" con Ence
Por Redacción |
-
A APDR presenta o recurso de reposición contra a resolución de Costas sobre Ence
Por Redacción |
-
Mosquera fía a un cambio de goberno en Madrid a "única esperanza" de frear a ENCE
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada