Condenado por branqueo de capitais o construtor da casa de Oubiña en Vilagarcía
Por Redacción
A Audiencia Nacional condenou a Amancio Costa, construtor da vivenda de Laureano Oubiña na Laxe, en Vilagarcía de Arousa, a tres anos e tres meses de prisión por un delito de branqueo de capitais.
A sentenza recolle que o condenado aceptou construír a vivenda do matrimonio Oubiña-Lago, con quen mantiña unha relación de amizade, malia que "coñecía a carencia de traballo e ingresos de Esther Lago, a situación de xubilación do seu pai, Ramón Lago", que figuraba como contratante da obra, e "a estancia en prisión de Laureano Oubiña e a súa relación co tráfico de drogas".
A Audiencia Nacional ve "probado" que Amancio Costa "coñecía que nin Laureano Oubiña, nin a súa esposa, nin o pai desta, exercían actividade comercial ou laboral algunha".
Por iso, condena a Amancio Costa a unha pena de tres anos e tres meses de prisión por un delito de branqueo de capitais, coa concurrencia atenuante de dilaciones indebidas, así como á inhabilitación especial para o exercicio da súa profesión e a unha multa de 216.949,3 euros.
Relacionadas:
-
Laureano Oubiña ingresa no cárcere de Alcalá Meco
Por Redacción | Creada e actualizada