A Fiscalía e as defensas negocian un acordo tras a confesión do clan Roma
Por Oskar Viéitez
A Fiscalía de Pontevedra e as defensas dos principais acusados do clan Roma están a negociar un acordo para rebaixar as penas que se solicitan para os procesados pola descarga frustrada de tres toneladas de cocaína en 2007, na coñecida como "Operación Piraña". A confesión do narcotraficante Ramiro Vázquez Roma foi o primeiro paso.
Dos sete primeiros declarantes, só dous negaron a súa implicación, Juan Antonio Garre e Jorge Lorenzo Santiago.
A avogada do líder confeso desta trama de narcotráfico, a letrada pontevedresa Nuria Llarena, admitiu que "efectivamente hay conversaciones con la Fiscalía, ya las hubo con carácter previo al juicio". Por este motivo a defensa de Vázquez Roma non presentou "cuestiones previas", coma si fixeron outros avogados que reclamaron a anulación das escoitas telefónicas de Vixilancia Aduaneira, entre outros asuntos.
A avogada de Vázquez Roma recoñeceu que "hay una serie de conversaciones que no están cerradas" e que se basean no recoñecemento dos feitos por parte do seu cliente.
Nuria Llarena asegurou que, tal e como afirmou durante o xuízo, Vázquez Roma está "plenamente arrepentido y no solamente por su propia participación sino por haber contado con otras personas de su entorno".
"Por haber querido solucionales media vida se la ha jodido a un montón de ellos", dixo a letrada de Roma
"Por haber querido solucionales media vida se la ha jodido a un montón de ellos", dixo a letrada.
Se cristaliza ese acordo haberá unha rebaixa de penas aínda que a avogada dixo non poder concretar en que termos.
Tras o paso adiante dado por Vázquez Roma foron confesando, ou teñen previsto facelo durante a xornada deste martes, gran parte dos acusados que sentan con el no banco da Audiencia pontevedresa.
"Las conversaciones están abiertas con el fiscal porque sin un reconocimiento de los hechos íntegro no había opción ni lugar a ninguna otra cosa", tal e como matizou ás partes a propia Fiscalía.
Co acordo e as atenuantes que as defensas tentan que prosperen, agardan que supoñan unha rebaixa nas penas e tamén na contía das multas. No caso de Ramiro Vázquez Roma a petición inicial é de 27 anos e unha multa de 600 millóns de euros.
Relacionadas:
-
O Supremo absolve o construtor das planadoras do clan de Vázquez Roma
Por Redacción |
-
O narcotraficante Ramiro Vázquez Roma, condenado a once anos de prisión
Por Redacción |
-
O fiscal modificará a petición de penas e multas a parte do clan do narco Vázquez Roma
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Vázquez Roma asegura estar arrepentido e confesa un transporte de tres toneladas de cocaína
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Comeza o macroxuízo na Audiencia contra 19 acusados detidos hai oito anos na Operación Piraña
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |