Con 86 anos e sen pensar na xubilación
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
Un total de 69 gardamarinas embarcarán no buque-escola Juan Sebastián de Elcano para realizar o cruceiro de instrución que completará a súa formación coma oficiais.
O buque da Armada Española atópase atracado ata mañá na dársena militar de Marín onde puido ser visitado durante algunhas horas por centos de curiosos, especielmente nenos de colexios da comarca.
A cita deste ano presenta dúas novidades: o embarque prodúcese na Escola Naval de Marín que substitúe nesta ocasión a Cádiz, e tamén que é a primeira vez na que se enrolan na viaxe alumnos da escala de tropa e marinería, trátase este de un proxecto piloto de emprego do barco por diferentes escolas da Armada.
De modo que antes de iniciar o seu 84º Crucero de Instrución o próximo 2 de marzo este velero, destinado á formación de oficiais da Armada, acollerá durante un mes, a oito aspirantes a cabo primeiro e trinta aspirantes a cabo da especialidade de manobra e navegación, que están cursando os seus estudos na Escola de Especialidades Fundamentais da Graña, situada en Ferrol.
Realizarán esta viaxe de adestramento co obxectivo de completar a súa formación teórico-práctica.
Serán un total de 3.000 millas náuticas por augas do Atlántico, facendo escala en Casablanca (Marrocos) e Funchal (Madeira) antes de desembarcar aos alumnos en Ferrol a mediados de febreiro.
Nste embarque os alumnos das dúas escolas, uns 105, recibirán clases, tanto teóricas como prácticas, de acordo aos seus respectivos plans de estudos.
Segundo explicou o capitán de navío Alfonso Gómez Fernández de Córdoba, os alumnos terá ademais a oportunidade de ampliar os seus coñecementos técnicos e marineros, e alcanzar un maior grado de cultura xeral e unha mellor asimilación dos principios, hábitos e virtudes que constitúen a alma da profesión.
Completada esta experiencia piloto será a quenda para o Crucero de Instrución só cos gardamarinas, que partirá desde Cádiz o día 2 de marzo e fará escalas en Las Palmas, San Juan (Porto Rico), Puerto Colón (Panamá), Miami, Cabo Cañaveral e NewPort (Estados Unidos) e Holanda, onde participarán nos actos de aniversario da Mariña holandesa.
De volta a España, visitará os portos de Santander, Baiona e Marín, onde arribará a mediados de xullo para acudir á Entrega dos Reais Despachos o 16 de xullo, coincidindo coa festividade do día do Carmen, patroa da Armada, segundo informou o Ministerio de Defensa.
Alfonso Gómez Fernández, está ao mando de "esta embajada flotante, este pequeño trocito de España que navega"
Tras dez meses de importantes reparaciones o buque escola atópase en perfectas condicións para chegar á súa centenario no ano 2028 "poderá cumprir os seus cen anos en boa forma e sen pensar na xubilación", afirmou o Capitán de navío.
O buque conta cunha dotación de 20 oficiais, 22 suboficiales, 140 militares de Tropa e Marinería e 4 mestres civís.
"El embarque en el Juan Sebastián Elcano supone una experiencia única, supone estar en un barco con una serie de incomodidades, siempre apretados y, aparte de la formación marinera que se adquiere, aquí hay una gran convivencia una gran formación social", dixo Alfonso Gómez Fernández, ao mando de "esta embajada flotante, este pequeño trocito de España que navega".