Es Rider e buscas unha escola? Marín é o teu espazo
Por Redacción
Marín é terra de riders e por iso xurdiu a asociación sen ánimo de lucro Marín Pro Riders segue a medrar con seguidores das disciplinas urbanas BMX, Skateboarding e Scooter Freestyle. Este colectivo xurdira porque nos últimos anos detectaran na vila un amplo interese por parte da poboación infantil e xuvenil pola práctica destes deportes, ata o punto de que algúns mozos marinenses participan en eventos de categoría nacional.
A vila conta con dous skateparks exteriores nos que se dan cita numerosos afeccionados a estas actividades, que a través desta asociación quérense organizar e potenciar.
Desta forma, o vindeiro mércores 7 de outubro este colectivo ten previsto poñer en marcha a Escola Pro Riders como unha alternativa para que os interesados poidan adestrar e formarse. Esta escola realizará as súas actividades no Pavillón IES Mestre Landín, en colaboración co club de ximnasia In Mare e a concellería de Deportes. Os mércores, a partir das 17.00 horas, unha adestradora oficial de ximnasia incidirá en exercicios deportivos e de preparación específica para os riders.
Tamén se utilizarán os sábados pola mañá o half da estación e o skatepark do parque azul, sempre que a choiva o permita. Converteranse nos espazos para competicións e lugares de encontro cun monitor deportivo que regule as prácticas. Esta proposta desenvolverase a partir do sábado 10 de outubro.