Cinco minutos de móbil cada tres días
Por Oskar Viéitez
Diana Antón González, é gardamarina segundo, alumna de cuarto ano da Escola Naval de Marín, e acaba de subir abordo do buque escola Juan Sebastián Elcano onde pasará os próximos seis meses.
As súas primeiras sensacións son boas "es todo nuevo para mi, es un poco como volver a primero. Después de cuatro años en la Escuela tienes la sensación de que desconoces todo, no sabes nada, nombres, oyes silbidos", abrumada e un pouco desorientada Diana non oculta a súa "gran ilusión" por esta experiencia á que espera sacar o máximo partido.
O máis duro será pasar medio ano sen ver á familia "hay gente que consigue que les vayan a ver a algún puerto. Sobre todo la pareja", di cun sorriso.
A espera farase máis dura debido a que no buque non dispoñen de Internet para uso dos gardamarinas, "es sólo comunicación satélite y su uso está bastante restringido" o que si lles permiten é usar o teléfono, "cinco minutos cada tres días".
Por iso é polo que o primeiro que busquen os mariños é unha wifi para ver aos seres queridos.
Diana ten 24 anos, é madrileña, o seu pai é Garda Civil e o resto da súa familia está no Exército de Terra, "soy la oveja negra", bromea. Nin sequera ten unha vocación mariñeira, "yo entré por oposición, y buscando información encontré esto".
Agora que empeza esta aventura confesa que "lo que más respeto me da es la mar, es incontrolable. Y el hecho de ser una navegación a la antigua usanza: a vela, con órdenes a través del chifle genera más incertidumbre".