A importancia de coñecer as manobras básicas de reanimación
Por Cristina Saiz
Centos de escolares de 2º da ESO participaron este venres nunha xornada de formación sobre as manobras básicas de reanimación (RCP).
Esta iniciativa inclúese dentro da programación do congreso da Sociedade de Pediatría de Galicia (Sopega) que se celebra no Pazo da Cultura e realízase coa intención de "potenciar el papel del niño en el cuidado de la salud", explicou o xefe de servizo de pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP), José Antonio Couceiro.
Na xornada inicial do congreso tamén se organizou un aula para pais, na que se plantexaron dúbidas sobre a alimentación ou a vacinación infantil.
O LXVI Congreso de Pediatría reúne en Pontevedra a preto de 200 especialistas de toda Galicia, contando a programación con obradoiros de cardioloxía, ortopedia infantil ou procedimentos en urxencias pediátricas, entre outros asuntos.