O Concello nega que o IBI vaia subir no 2016, a pesar da denuncia pública do PP
Por Alejandro Espiño
Os pontevedreses "van seguir pagando mesmo" que nos últimos anos. Así de contundente mostrouse o concelleiro de Facenda, Raimundo González, tras a denuncia pública realizada polo Partido Popular na que aseguraban que o goberno municipal ía repercutir nos petos dos cidadáns a subida do imposto de bens inmobles (IBI) que deberemos pagar no ano 2016.
En rolda de prensa, o concelleiro César Abal desvelaba que, despois de que o Goberno central retirase o gravame do 10% que aplicou no coeficiente durante os últimos anos -que supuxo que Pontevedra pasase do 0.64 ao 0.74- para reducir a débeda dos concellos, o Concello de Pontevedra solicitou voluntariamente subir o valor catastral do IBI ese mesmo 10%, polo que entenden que o imposto sobe aínda que os cidadáns non o noten.
Para os populares, esa decisión responde á "necesidad" do goberno municipal para contar con liquidez para poder facer fronte á débeda con Sogama. Ademais, Abal lembrou que o BNG presume de que o Concello de Pontevedra de ter as contas saneadas, polo que non ven "justificado" que solicite voluntariamente a subida deste imposto catastral.
Neste sentido, o anuncio realizado por parte do Concello de que se vai a manter o devandito imposto "es una cortina de humo para que no se hable de que los pontevedreses tendrán que pagar de sus bolsillos cerca de dos millones de euros".
RESPOSTA DO GOBERNO MUNICIPAL
Desde o goberno municipal, Raimundo González confirmou a petición do Concello para facer unha revisión do valor catastral, pero lembrou que Pontevedra lleva "máis de dez anos" sen actualizar a relatorio de valores, algo que de facelo -e podería ser de oficio por parte do Catastro- si supoñería o aumento do IBI a gran parte dos contribuíntes pontevedreses.
O edil de Facenda insistiu en que "en ningún caso" os pontevedreses pagarán en 2016 máis diñeiro do que viñan pagando ata agora e confirmou que se finalmente o Goberno decide aplicar de novo o gravame, o Concello retiraría esta actualización "para que ninguén pague máis".
Esta decisión vén provocada, dixo, por que "hai uns gastos consolidados que hai que manter se se quere seguir prestando servizos" e non está relacionada en absoluto co pago da débeda de Sogama, cuxo primeiro prazo abonouse mediante unha modificación de crédito.
Relacionadas:
-
A Fracha, o paro, as concentracións contra a violencia machista e a compostaxe marcan o pleno de outubro
Por Redacción |
-
Tensa comisión de economía na que se rexeitou a petición da auditoría externa das contas proposta por Marea
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O goberno local presume dos bos datos económicos mentras o PP advirte que se atopa no límite de gasto
Por Redacción |
-
Pontevedra conxelará as taxas por segundo ano e exime a universidade do 95% do IBI
Por Redacción |